Norma Jean | |
---|---|
Orixe | Douglasville, Xeorxia, |
Período | 1997 - presente |
Xénero(s) | metalcore, metal cristián, noise metal |
Selo(s) discográfico(s) | Solid State, Razor & Tie |
Membros | Phillip Farris Clayton Holyoak Cory Brandan Putman Jeff Hickey John Finnegan |
Antigos membros | Daniel Davison Josh Doolittle Scottie Henry Josh Scogin Jake Schultz Chris Raines Chris Day Josh Swofford Mick Bailey |
Na rede | |
http://normajeannoise.com/ | |
Norma Jean é unha banda estadounidense de metalcore procedente de Douglasville, Xeorxia, un suburbio de Atlanta. Dende a súa creación en 1997 os numerosos cambios de formación polos que pasou deixou ao grupo sen ningún membro orixinal. Ata a data Norma Jean leva editados sete álbums de estudio e foi nomeado a un Grammy en 2006. O seu nome deriva do nome real da actriz Marilyn Monroe, Norma Jeane Mortenson.